Blogia

DIANA

O meu primeiro contacto ca asignatura de novas tecnoloxías

Antes de entrar na aula notábame moi nerviosa pois a miña relación cos ordenadores, e con calquera das novas tecnoloxías, non é moi boa. Quizá sexa porque fai pouco tempo que teño acceso a un ordenador na casa e non gozo da oportunidade de ter internet na casa por cuestións económicas. De tódolos xeitos, teño bastante interese en aprender a manexar con soltura o ordenador e navegar por internet, xa que considero que é unha moi boa axuda na búsqueda de información e, sobre todo, nos estudos.

En definitiva, saín da clase cunha boa impresión da asignatura e cun interese un pouco maior por descubrir os grandes secretos do mundo virtual.