Blogia
DIANA

Didáctica da educación visual artística 4

Didáctica da educación visual artística 4

 

 

O meu coñecemento do arte actual é case nulo, sácanme de Andy Warhol e non teño nen a máis remota idea. Sempre me pareceu que este novo estilo non tiña moita lóxica e non lle vía o mérito por ningún lado, sobre todo á escultura. Pero  tras explicarme este tipo de arte doutro xeito e animarme a vivilo e a ser artista eu tamén, deime conta que ten moito máis que ver conmigo que o que eu considerei sempre arte. O arte deste momento está dentro do contexto no que nós vivimos, funciona moito como un elemento crítico e é un reflexo do que nós estamos vivindo, das nosas inquietudes, dos nosos problemas sociais e políticos, que desde logo non son os mesmos que tiña Velázquez. Está claro que o David de Miguel Ángel non representa o meu estilo de vida nen a época actual, tanto como, por exemplo, unha foto das praias desfeitas trala traxedia do Prestixe. E iso que Miguel Ángel é o meu xenio favorito!!!!

Todas estas creacións artísticas son posibles, en parte, grazas  ás novas tecnoloxías, sen elas non sería posible realizar moitas das composicións ou proxectos que se levan a cabo. O arte, coma sempre ao longo da historia, é o reflexo dunha revolución social e política que se está producindo nas últimas décadas e na que as novas tecnoloxías puxeron o seu gran de area, ou máis ben, a súa montaña

1 comentario

yoli -

diana!pos acabo de animarme a comezar a comentar algo no teu blog!a verdade é que como estou pachuchiña na casa pois conecteime un pedaciño...
Eu andaba algo perdida nestas clases!pero co paso dos dias parece que se me van asentando algo as bases de como é todo. Eu estou comezando a buscar como facer o primeiro proxecto de educación visual, e parece que por aora vai ben...pero teño algunhas dudas, asique tño que falar coa profe o proximo dia!
Hai que seguir así de animados con esto!
Bicos
YOLI