Blogia

DIANA

RECTA FINAL

RECTA FINAL

Deixei un pouco abandoado o blog xa que estiven moi liada e como non teño internet...

Esta semana e a anterior foron bastante relaxadas, agora necesitamos repoñer forzas para o remate. Vou comezar a diseñar a miña páxina no frontpage para o portafolios final.

Con respecto a meu grupo de novas tecnoloxías, co cal estou moi contenta, íamos moi adiantados pero quedámonos un pouco atrás debido a que Cris e eu estivemos un pouco chunguillas de saúde pero esta semana espero rematalo. Creo que nos está quedando unha webquest moi lograda e estou orgullosa do traballo en grupo que estamos realizando. Ademais o tema escollido vainos moi ben para artística: "A cor", só temos que enseñarllo a Chus para qeu nos dea o seu visto bo.

Esta semana tamén comezamos o último proxecto artístico. Xa temos unha idea e estou moi emocionada. Encántame o arte, e creo que a concepción dela que recolle este proxecto é moi adecuada para os tempos actuais. Espero qeu o noso lle guste á profesora e aos compañeiros xa qeu o  noso "colectivo artístico": Miriam, Patricia, Adriana, Belén e máis eu, estamos moi emocionadas e sorprendidas ca idea qeu foi saíndo en conxunto. Penso que facemos un bo equipo.

VISITA ESPECIAL A NOVAS TECNOLOXÍAS

Como me gustou a sorpresa que nos tiña preparada Adriana!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! Foi unha clase moi divertida e interesante, e ademais confirmouse o que nos decía a profesora: "os nenos son capacaes de facer calquera cousa, non son pequenos para usar un ordenador ou navegar pola rede, só hai que enseñarlle". Ainda que pareza mentira, nenos de 9 anos déronnos unha clase maxistral, un dos nenos que me tocou incluso nos dixo se non nos daba vergoña que tivesen que vir eles a explicarnos a nós.

Ademais de ser unha clase preciosa e alegre, supen o que é o squeak e como usalo. Considero que é un programa moi útil e ao mesmo tempo divertido, os nenos cos que traballei eu decían que nunca se cansaba de traballar con él e non se daban conta de que estaban aprendendo, crían que era un xogo.


Eles fixeron un modelo de sistema solar pero "á súa maneira" xa que non tiñan os suficientes coñecementos matemáticos para realizalo correctamente.

Intentei baixar o squeak pero non fun capaz, a ver se o consigo e comezo a traballar un pouco máis para dominalo, anque creo que para chegar ao nivel dos nenos/as de La Salle vou ter moito que currar. QUE SOLTURA, DOMINIO E RAPIDEZ!!!!!!!!!!!!!!!!!

CIUDADES FRAGMENTADAS

 Xa comezamos  co segundo proxecto de educación artística e, ainda que ao principio estábamos moi perdidas e non sabiamos que era o que había que facer exactamente, hoxe fumos falar con Mª Jesús e explicounos moi ben en que consistía exactamente e cal era a finalidade. É un traballo divertido xa que tivemos que saír á rúa para realizar as fotografías e a verdade é que nos acompañou o tempo. Je, je.

Descubrín o xogo que pode dar a cidade para traballar calquer tema, neste caso o noso era as pegadas gráficas, se ata me pasei o fin de semana vendo liñas e puntos en todas partes!!!! Non sabiamos que tiñamos que propor actividades pero a profesora dounos moitas ideas e o correo que nos enviou axudóunos moito. Gracias por todo Mª Jesús. Agora espero que nos saía ben e que o último proxecto sexa ainda máis divertido.

WEBQUEST2

WEBQUEST2

Por fin entendín o que é unha webquest, máis ou menos. Gracias á clase de onte, ás explicacións de Adriana e aos comentarios entre os compañeiros, sei que é unha unidade didáctica, cos seus contidos e obxetivos, ca cal o alumno pode ir creando o seu propio coñecemento sempre guiado polo mestre, coma todo aprendizaxe, sempre ten que ser guiado por alguén ou por algo. Todo esto sempre que o docente prepare ben a clase e escolla correctamente a web que mellor se adapata ao tema, asignatura e tipo de nenos/as cos que se vai a traballar.

Cada día que pasa doume máis conta do que pode cambiar unha clase ou materia de impartila co mestre e libro de texto como único recurso, a ter a man un ordenador conectado á rede. Hai un montón de webs educativas ou de interese educativo que poden enriquecer máis o proceso de ensino aprendizaxe, e que lle sirven tanto ao mestre coma ao alumno.

Ainda que sempre pensei que non usaría nunca as novas tecnoloxías na educación esa idea está cambiando, vexo que atrae moito máis unha web, con imaxes, cores chamativas... que un libro con letra e nada máis. Podemos conseguir que un neno vexa o aprendizaxe coma un divertimento e non unha obriga únicamente. A educación necesita un cambio, vivimos inmersos nunha sociedade tecnolóxica, polo que a escola ten que selo tamén. Se conseguimos este cambio na educación conseguiremos o cambio nos seus resultados.

Pero a nós vainos tocar pelexar moito por conseguir que os que mandan, a sociedade en xeral, vexa como unha necesidade a introducción das TICS na escola.

No colexio que fixen as prácticas non se usaban as novas tecnoloxías para nada xa que non había ningún medio, e non sería polo que insistía a xefa de estudos na necesidade diso. Conseguíronse unhas canta pizarras dixitais pero eu non cheguei a velas funcionar.

En conclusión, temos que traballar por cambiar o concepto de educación que hai nas escolas e ser docentes do futuro.

Debemos adiantarnos e ser innovadores como foron os maiores xenios de tódolos tempos.

2º PROXECTO DE ARTÍSTICA

2º PROXECTO DE ARTÍSTICA

Estou moi contenta ca evaluación que recibín acerca do primeiro proxecto de artística, da narración persoal. Adiqueille moito tempo, e anque ao principio me agobiei un pouco, logo involucreime e disfrutei realizándoo, e que os frutos fosen bos motivoume e subiume un pouco o ánimo dende o último artigo.

Agora imos a comenzar co segundo proxecto e este si que o collín con máis ilusión. É en grupo e vaise realizar en horas de clase polo que ten todas as ventaxas dos traballos en grupo: no noso caso que somos cinco, dez ollos ven máis que dous e cinco cabezas pensan mellor que unha soa, e non perdemos tempo fóra do horario lectivo polo que nos queda para realizar os demáis traballos en grupo, que son uns cuantos e para o noso tempo libre, que eu dende febreiro este é o primeiro fin de semana máis folgado que teño, e ainda así teño que facer dous traballos.

Ademais disto é un proxecto que ten relación ca fotografía,  que me encanta, e polo tanto imos darlle uso ás novas tecnoloxías: cámara dixital, ordenador, internet....

O tema que nos tocou é moi interesante: as pegadas gráficas: punto, liña e mancha, para o que xa temos unhas cantas ideas.

Supóñome que non teremos moito problema na realización do traballo. Asi que comencemos xa escribirei o que estou aprendendo e como nos vai.

WEBQUEST

Ainda estou un pouco flasheada por a clase de onte de novas tecnoloxías, case non me enterei de nada e ainda por enriba cheguei á casa e non teño o frontpage. Estou bastante agobiada e desconcertada con estas dúas asignaturas, paseime toda  a semana santa traballando sobre elas, sobre todo con artística e a evaluación do portafolio e da weblog non me pareceu nada boa, non sei que facer, estou moi perdida e creo que me vai ser difícil superar estas asignaturas. Espero que se me suba un pouco máis a moral na próxima semana e a ver  que tal a segunda revisión do portafolio

DESMITIFICANDO

DESMITIFICANDO

Que tremenda alegría me dou cando Mª Jesús dixo que había que desmitificar términos como o talento, intuición, creatividade, inspiración... Polo visto non son capacidades innatas e se non as tes xa non hai posibilidades, pois resulta que son unha forma de coñecemento e que por medio do traballo se van millorando, como dixo Picasso: " a min a inspiración que me colla traballando".

Cando era pequena sempre me gustou pintar e representar o que non era capaz de explicar con palabras por medio de imaxes pero como non debuxaba ben os profesores e incluso na miña casa ríanse de min e decíanme que eu non valía para eso, que por moito que o intentara non o ia conseguir, ou se nacía con esa característica ou olvídate. Pouco a pouco funme olvidando diso e optei por a historia do arte, entrei na carreira e outra vez volvín escoitar que eu non valía para eso, eu como persoa moi fácil de influenciar, deixei a carreira e metinme en maxisterio. E agora con vinte anos escoito que a educación artística non é máis que o desenvolvemento do feito artístico que ven sendo  unha forma de coñecemento.

Non sei, pero creo que xa é un pouco tarde pois para facer o obxecto artístico paseime días pensando como podía representar o que eu quería e logo levoume moito tempo realizalo. Oxalá ao remate do curso poida recuperar esas ganas de expresarme plásticamente outra vez.

CLASE CON INTERNET

CLASE CON INTERNET

O último día  de clase antes das cortas vacacións de semana santa Adriana imparteu unha clase de quinto de primaria con internet como material principal. Ao remate tiñamos que falar sobre o tema e que nos parecera, pois ben xa que alí non o fixen fareino agora. A clase persoalmente sirveume para ver canto máis amena pode ser cando se sustitue o libro de texto e a enciclopedia por un ordenador e internet. Todo resulta máis enriquecedor, por exemplo en vez de que a mestra non dixese que hora era naquel momento en Londres, vímolo nós por medio da webcam, e non só supemos que hora era sinon que vimos tamén que tempo facía, xente polas rúas, etc. O traballo foi moito máis autónomo xa que fumos chegando pouco a pouco ao coñecemento que lle interesaba á profesora e ademais fixémolo en parellas polo que tamén foi traballo colaborativo.

Eu sempre fun reacia a todo esto das novas tecnoloxias, ao longo da miña educación tiven moitos mestres en contra, e que eu recorde ningún a favor, algo que supoño influiría en min, estou ainda bastante agobiada con estas dúas asignaturas, pero esta clase en concreto fíxome abrirme un pouco máis ao uso de internet nas escolas e non só na casa para realizar traballos. Encontrille un inconvinte: sempre hai qeu ter unha segunda opción, tanto de páxinas webs como de outra cousa, pois se falla o ordenador quedámonos "a velas vir".

De tódolos xeitos se o mestre se prepara ben a clase na casa e ten un par de opcións máis por se falla a que temos, a clase terá mellores frutos, se o tivo con nós, persoas de vinte anos, con nenos/as moito máis que están máis abertos a novas maneiras de impartir clase, non están tan socializados coma nós. Temos que ser mestres do SÉCULO XXI

ARTE POSCONTEMPORÁNEA?

ARTE POSCONTEMPORÁNEA?

Na escola e en bacharelato cando estudiaba hª do arte sempre se veneraban artistas mortos fai séculos, nunca me falaran do arte actual, de feito eu cria que agora non había artístas. Ata fai moi pouco non lle daba valor a este arte que nos acompaña na sociedade actual e que ten moito que ver con nós, parecíanme maragatos. Neste intre estou comezando a meter nese novo arte, que ainda que pareza maragatos, exprésame moito máis que unha obra realista que plasma tal cual o que se pode ver.

Con Mª Jesús estamos sendo formados para non cometer os erros que os nosos mestres cometeron ao impartir a educación artística, estou coñecendo facetas e estilos do arte que nin me sonaban e comezo a valorar esta asignatura. Ca educación artística podemos impulsar un nivel de creatividade, de imaxinación, de autonomía e independencia de creación no neno que coas matemáticas, por exemplo, non imos alcanzar tan fácilmente.

LINEX

O video que vimos na clase de novas tecnoloxías sobre o software libre de Extremadura sorprendeume moito. Sempre creín que microsoft tiña o monopolio e non existía nada máis. A iniciativa está moi ben e pode abrir moitas portas pero non todo e de cor de rosa. Con Linex ofrécese unha escola diferente, unha escola nova, pero, en realidade é unha escola diferente? No video a única diferencia que se via doutra escola era que en cada mesa había un ordenador, polo demais todo era igual. Por haber un ordenador en cada mesa xa temos unha escola innovadora? Eu creo que non. Pero polo menos xa é un paso máis. Bravo polos extremeños que sempre están un pouco olvidados. Por certo que é unha comunidade autónoma preciosa.

PRESENTACION EN POWER POINT

Onte presentamos a presentación en Power Point da fundamentación do proxecto de novas tecnoloxías. Teño que dicir que traballamos bastante na súa realización e fixémolo todo en grupo reuníndonos todos xuntos, nada de cada un polo seu lado, un traballo en grupo é un traballo en grupo.

Tivemos que presentalo ante toda a clase e non tiñamos nada preparado para realizar a exposición, todo o que dixemos foi improvisado e era a primeira vez que expoñía e falaba fronte a toda a clase, ao principio púxenme un pouco nerviosa pero logo funme relaxando. Bueno non sei que pensarán os compañeiros pero eu creo que para non ter nada preparado fixémolo bastante ben.

A TOPE DE PROXECTOS

Os proxectos de novas tecnoloxías e educación artística estanme dando un pouco a lata pero no fondo non están tan mal. O de novas tecnoloxías está dando moito traballo porque é en grupo e tes que poñerte dacordo para quedar e no que vas a poñer. Ao principio cerreime e agobiei, moito a consecuencia de que os grupos fosen feitos pola profesora, pero teño que decir que estou moi contenta co grupo, por ahora non tivemos problemas nin persoais nin profesionais e estame gustando a realización do proxecto. Parece que lle vou collendo o gustiño a esta asignatura, xa non me vexo tan torpe, je, je.

Co proxecto de arte estou un pouco perdida porque non sei como plasmar as miñas reflexións en imaxes, a historia non a vexo tan complicada de plasmar pero a reflexión xa me costa un pouco máis. De tódolos xeitos xa teño unha pequena idea sobre o obxeto artístico que quero realizar. Contra este proxecto non me mostrei cerrada nen agobiada, supoño que sería porque de arte teño unha pequena idea e do uso do ordenador tiven que empezar de cero.

Espero que todo siga como está neste punto, xa me vexo máis animada, as asignaturas gústanme máis e teño menos medo a ir a clase. A ver se todo isto se transforma nun aprobado, ou nun notable se pode ser, inda que xa é un pouco máis dificil.bikos

NOVAS TECNOLOXÍAS 4

NOVAS TECNOLOXÍAS 4

 

Xa comenzamos co proxecto e, a verdade, en contra do que eu pensaba, estame gustando e párece moi interesante. Para a fundamentación valémonos de bibliografía sobre novas tecnoloxías aplicadas á educación pero tamén botamos man dos apuntes de psicoloxía, didáctica e de ciencias experimentais que nos valeron de moito e axudáronnos a relacionar as novas tecnoloxías ca educación, cos modelos de aprendizaxe... Adriana tiña razón cando nos dixo que íamos ter que botar man de apuntes doutras asignaturas e que tiñan moita relación.

Grazas á bibliografía que tivemos que ler para levar a cabo esta primeira parte do proxecto, descubín usos da tecnoloxía para a mellora da educación e para axudar a aqueles con necesidades educativas especiais, que nunca me imaxinara que se poderían levar a cabo tan só con un ordenador e internet, xa sen irnos a tecnoloxías máis avanzadas e complicadas. 

Comezo a gustar desta asignatura máis que nada porque vexo os moitos recursos que as novas tecnoloxías poden proporcionar e o fácil que poden resultar algunhas cousas grazas a elas, estou aprendendo bastante ainda que teño que recoñecer que me queda moito por andar e descubrir.

Didáctica da educación visual artística 4

Didáctica da educación visual artística 4

 

 

O meu coñecemento do arte actual é case nulo, sácanme de Andy Warhol e non teño nen a máis remota idea. Sempre me pareceu que este novo estilo non tiña moita lóxica e non lle vía o mérito por ningún lado, sobre todo á escultura. Pero  tras explicarme este tipo de arte doutro xeito e animarme a vivilo e a ser artista eu tamén, deime conta que ten moito máis que ver conmigo que o que eu considerei sempre arte. O arte deste momento está dentro do contexto no que nós vivimos, funciona moito como un elemento crítico e é un reflexo do que nós estamos vivindo, das nosas inquietudes, dos nosos problemas sociais e políticos, que desde logo non son os mesmos que tiña Velázquez. Está claro que o David de Miguel Ángel non representa o meu estilo de vida nen a época actual, tanto como, por exemplo, unha foto das praias desfeitas trala traxedia do Prestixe. E iso que Miguel Ángel é o meu xenio favorito!!!!

Todas estas creacións artísticas son posibles, en parte, grazas  ás novas tecnoloxías, sen elas non sería posible realizar moitas das composicións ou proxectos que se levan a cabo. O arte, coma sempre ao longo da historia, é o reflexo dunha revolución social e política que se está producindo nas últimas décadas e na que as novas tecnoloxías puxeron o seu gran de area, ou máis ben, a súa montaña

Didáctica da educación visual artística 3

Didáctica da educación visual artística 3

Esta asignatura cada vez gústame máis,como creo que xa dixen noutra publicación, o arte é unha das miñas debilidades e  o sentimento que Mª Jesús lle pon motívame máis. Por fin me dei conta de que esta materia e Novas Tecnoloxías aplicadas á educación se complementan.

Para os proxectos de educación artística o ordenador, internet, etc, son case indispensables. Programas que Adriana nos explica como utilizar vannos axudar na andanza hasta xuño por estas asignaturas.

Comezo a collerlle o gusto as dúas materias pero de todas maneiras asústanme.AS NOVAS TECNOLOXÍAS NON É O  MEU. Ainda que pareza tópico, son moi torpe pero todo se andará.

Novas tecnoloxías 3

O luns por a tarde tivemos a primeira reunión do grupo de traballo e, a verdade e que estabamos todos bastante perdidos, pero tras coller uns cantos libros sobre a aplicación das TICs á educacion xa nos relaxamos un pouco. O xoves na clase volvemos reunirnos e fixemos a fundamentación e creamos o tipo de centro e de alumnos cos que imos traballar, sobre o que imos facer o proxecto.

Resultou non ser tan dificil como parecía, gracias á bibliografía que nos dou moitas respostas que necesitabamos.

Ademais desto fixen a miña primeira creación en power point, un programa que me vai vir moi ben para realizar o proxecto para didáctica da educación visual artística, ademais de que aprendin algo novo que sempre está ben.

Didáctica da educación visual artística 2

O segundo día de clase todavía me gustou máis. Cada un de nós tivemos que levar unha imaxe de aquelo que considerásemos arte. Houbo moitas propostas, pero case todos nos decantamos polos grandes xenios da historia: Miguel Anxo, Da Vinci, O Greco, etc.

Ao londo das dúas horas de clase Mª Jesús púxonos diferentes imaxes para que  comentásemos o que nos expresaba ou facía sentir cando a mirábamos. Gustoume moito a clase, foi moi relaxada e diferente a todas as que tivemos ata agora.

Didáctica da educación visual artística1

Na primeira clase con Mª Jesús realizamos un coloquio no que cada un comentou a súa experiencia ao largo da educación primaria e secundaria ca asignatura de educación artística. Case todos a vinculábamos ás manualidades cando, curiosamente, non teñen nada que ver. Resultou interesante a exposición das ideas de cada e foi bonito recordar aquelas clases que, a min personalmente, me fixeron pasar tan malos momentos. Pola contra en bachiller a asignatura de historia do arte fascinoume tanto que accedín á carreira pero por problemas personais tiven que abandonala aos dous meses. De tódolos xeitos o meu amor polo arte continúa e é unha das miñas pasións.

Novas tecnoloxías 2

O segundo día de clase estiven tan perdida durante as dúas horas que me cheguei a agobiar. Estivemos buscando información na biblioteca virtual para o proxecto e creámolos grupos para realizalo. Este día deime máis conta ainda de que non teño nin idea sobre o uso das novas tecnoloxías e que non me entero absolutamente de nada. Espero que esto cambie pronto porque a asignatura paréceme importante e teño ganas de dominar internet e o meu ordenador.

Novas tecnoloxías 1

Na primeira clase de novas tecnoloxías démonos de alta na usc virtual. Surxiron tres palabras totalmente descoñecidas para min: Podcat, Wikipedia e Weblog. As dúas primeiras ainda non sei o que son pero sobre a última xa aprendín algo. Dedicamos a clase, ademais de a darnos de alta na usc virtual, a buscar información en internet sobre o que é unha weblog, un listado de sucesos, e creamos unha propia. Esto fíxome moita ilusión, non me sentín tan perdida coma de costume e pasouseme o tempo rápido.